lunes, 9 de mayo de 2011

A ordense Begoña Lorenzo gaña o concurso de aturuxos das 'Noites de Tasca'

Begoña Loreno, gañadora do concurso de aturuxos das Noites de Tasca de Os Viqueiras de Ordes.
Organizado polo grupo de gaitas de Os Viqueiras de Ordes

A pasada 28º edición das Noites de Tasca, organizado polo grupo de gaitas de Os Viqueiras, acolleu a final do seu concurso de aturuxos. A gañadora foi a veciña de Ordes Begoña Lorenzo, quen foi obsequiada cunha cesta con viandas e agasallos por xentileza de Parada Dulce.

Os finalistas do concurso foron María José Barral, de Santiago de Compostela, e gañadora dun cheque de compra por valor de cincuenta euros en Deportes Capitán; Aurora Ferreiro, de Marantes, quen disfrutará dunha cea para dúas persoas ou aloxamento na casa rural Antón Veiras en Poulo; e por último, o tamén compostelán Javier Suárez, a quen o seu aturuxo permitiralle gozar dunha cea-baile para dúas persoas no hotel Barreiro, en Leira.

Os Requinteiros da Ulla puxeron a súa música popular durante o baile da 28º Noite de Tasca.
Como previo a esta entrega de premios, que tivo lugar no restaurante O Panadeiro de Cerceda, os asistentes disfrutaron da actuación dos Requinteiros da Ulla.

*