O equipo do A.C. Órdenes celebra o ascenso xunto co alcalde Manuel Regos. |
O equipo sénior da A.C. Órdenes de hockey está de noraboa ao conseguir esta fin de semana o ascenso a 1ª División Nacional. Un logro conseguido tras xogar a fase de ascenso en Getxo (País Vasco) durante esta fin de semana, contra o campión da liga asturiana o Roller Oviedo e os dous primeiros clasificados da liga Norte, o Jalaceta e o San Antonio.
Unha fase de ascenso na que conseguiron a victoria nos tres partidos disputados, o primeiro contra o Roller Oviedo no que gañaron 12-5, o segundo contra o Jalaceta no que a victoria foi por 2-5, e o último dos encontros, no que se decidiu o ascenso, contra o San Antonio de Pamplona no que venceron por 3-7.
Dende o clube salientaron a boa tempada deste equipo, imbatido nos 22 partidos de liga e nos tres da fase de ascenso.
*