martes, 31 de mayo de 2011

A Casa da Cultura acollerá unha exposición de debuxo e pintura

Serán expostos os traballos dos participantes nos obradoiros postos en marcha polo Concello

Dende o venres 3 ata o vindeiro día 10 de xuño 


A Casa da Cultura de Ordes acollerá dende o vindeiro venres día 3 de xuño, ata o día 10 do mesmo mes, a exposición dos traballos realizados polos alumnos e alumnas do obradoiro de debuxo e pintura durante este curso. Un obradoiro enmarcado dentro do programa de actividades culturais posto en marcha polo Concello de Ordes para este curso. En total serán máis dun cento de alumnos e alumnas, entre nenos e adultos, os que exporán os seus traballos, demostrando así todo o aprendido durante o curso e a súa evolución.

Horarios e inauguración
A exposición poderase visitar no horario de apertura da Casa da Cultura de luns a venres de 09:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas.

A inauguración desta exposición terá lugar o vindeiro venres 3 de xuño ás 20:30 horas no auditorio da Casa da Cultura, servindo ademais esta actividade como clausura do obradoiro de debuxo e pintura celebrado durante este curso.

*