jueves, 12 de mayo de 2011

Éxito das actividades antialcol

As Noites sicoeducativas pretenden alonxar á mocidade do consumo do alcol durante as fins de semana.
Gran participación na primeira das Noites sicoeducativas enmarcadas dentro do programa Faro de prevención de alcol

A pasada fin de semana deu comezo a segunda edición das Noites do Programa Faro, financiadas pola Deputación e organizadas polo Concello de Ordes, a través da Concellería de Servizos Sociais e Terceira Idade que dirixe José Manuel Tobío.

Cuarenta e catro rapaces e rapazas entre 12 e 18 anos participaron nas actividades programadas na noite do sábado, rachando co mito de que para divertirse hai que consumir alcol.

Están programados outros dous días, os sábados 14 e 21 de maio, entre as 21:30 a 0:30 horas da noite no pavillón municipal do Paraíso. Algunhas das actividades previstas son: grafitti, elaboración de cócteles sen alcol, obradoiro de maxia, misión imposible, etcétera.

Participación gratuíta
A mocidade que queira participar aínda está a tempo de facelo, ata o venres anterior a cada sábado programado. A participación é gratuíta.

Para a inscrición ou máis información: Concellería de Servizos Sociais do Concello de Ordes: Alfonso Senra, 108 Ordes. O seu teléfono é 981680002 / 627983619.

*