sábado, 4 de junio de 2011

O Imserso programa viaxes a Canarias, península, Baleares e Portugal

Dirixido a pensionistas, o prazo de solicitudes de prazas remata o 28 de xullo

Xa está aberto o prazo para a solicitude do programa de vacacións para maiores do Imserso da tempada 2011-2012. Un programa dirixido a maiores de 65 anos que poden ir acompañados do seu cónxuxe, persoas viúvas de máis de 55 anos ou pensionistas do Sistema Público de Pensións e prexubilados con 60 anos cumpridos.

Nesta ocasión pódense solicitar viaxes a Canarias, Península e Baleares, Portugal, así como circuitos culturais e turismo de natureza.

Ata o 28 de xuño
Para a xente que o solicita por primeira vez o prazo de solicitude rematará o 28 de xuño. Non obstante o prazo manterase aberto ata o día 1 de decembro de 2011 para aquelas persoas que non formularan no seu momento a súa solicitude. Neste caso non haberá baremación e será acreditado para cubrir as posibles vacantes que se puideran producir.

As solicitudes poden presentarse no departamento de Servizos Sociais do Concello de Ordes, onde tamén se pode recibir máis información así como no teléfono 981680002.

*