O Concello de Ordes mostra a súa satisfacción polos resultados do plan municipal de limpeza e acondicionamento de cauces dos ríos Cabrón e Mercurín
Pedreira: “Os ríos atopábanse en pésimas circunstancias pola acumulación de restos"
O goberno local mostrou a súa satisfacción ante os exitosos resultados da campaña de limpeza e acondicionamento dos cauces dos ríos Cabrón e Mercurín, posta en marcha o verán pasado pola concellería de Medio Ambiente do Concello en colaboración coa Xunta.
Con esta actuación pretendíase previr situacións como as orixinadas en anos anteriores provocadas polas inundacións e que afectaron, entre outros lugares, ás zonas de Buscás e Guindiboo. Tralos traballos de limpeza destes cauces e dos numerosos temporais de choiva e vento que azotaron ao municipio nos últimos meses, púidose comprobar como en Ordes esta actuación preventiva deu os seus froitos sen que se producise ningunha das situacións orixinadas en anos anteriores.
De cara ao próximo verán, o Concello de Ordes ten previsto seguir traballando en novas campañas de adecentamento de ríos eliminando toda a vexetación leñosa presente no leito dos cauces que poidan limitar ou reducir no futuro a capacidade hidráulica. Así espérase evitar as presas que se forman coa acumulación de vexetación e que tanta importancia teñen na formación de balsas e inundacións puntuais como as rexistradas en anos anteriores.
A frase de Xesús Pedreira, concelleiro de Medio Ambiente de Ordes
“Os ríos atopábanse en pésimas circunstancias pola acumulación de restos leñosos, maleza e incluso varios troncos caídos, que cada ano teñen que ser retirados”

*