lunes, 11 de enero de 2010

A Unidade Móbil de Inspección Técnica de Ciclomotores visitará Ordes o 12 de febreiro

No Mesón do Vento en horario de mañá e de tarde

Co fin de facilitar a Inspección Técnica de Ciclomotores de dúas rodas de máis de 3 anos de antigüidade no Concello de Ordes, a Unidade Móbil da Inspección Técnica prestará servizo no Campo da Feira do Mesón do Vento o próximo 12 de febreiro.

O horario será pola mañá de 9:00 a 13:10 horas, e pola tarde de 15:30 a 18:00 horas.

*