viernes, 22 de enero de 2010

Un cento de mozos e mozas no Planetario Viaxeiro

.
O Concello estimula aos estudantes a reducir a contaminación lumínica

Máis dun centenar de alumnos e alumnas do CEIP Castelao participaron esta mañá nunha nova edición do Planetario Viaxeiro, instalado no Centro Comarcal de Ordes. O planetario completouse tamén con talleres astronómicos e medioambientais que nesta ocasión correron a cargo dos técnicos do proxecto Climántica promovido pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras da Xunta.

O obxectivo fundamental desta campaña é lograr a protección e mellora da calidade do medio nocturno, así como dos valores científicos, culturais, paisaxísticos, ecolóxicos e de calquera outra índole ligados ao mesmo.

No Centro Comarcal ata o 30 de xaneiro
O Planetario Viaxeiro estará instalado no Centro Comarcal de Ordes ata o 30 de xaneiro. Estará dispoñible para todos aqueles veciños que queiran visitalo polas tardes ás 17 horas, chamando previamente para facer a solicitude da sesión á Concellería de Medio Ambiente do Concello de Ordes, no 981 680002.

Polo momento está previsto que o próximo 27 de xaneiro outro grupo de alumnos do CEIP Castelao participen nesta iniciativa.




*