lunes, 4 de enero de 2010

O Concello informa sobre os cortes de tráfico de mañá martes co gallo da chegada dos Reis Magos

.
Será a partires das 16:00 horas e o tráfico será desviado do mesmo xeito que nas festas patronais de Santa María

O Concello de Ordes ten todo preparado para recibir aos Reis Magos de Oriente. Unha recepción que como cada ano se traduce nunha Cabalgata que terá a súa saída a partir das 16:00 horas do número 18 da rúa Alfonso Senra (fronte a Reyca), con dirección á carpa instalada na Alameda, facendo así un percorrido polo centro do municipio.

Cortes de tráfico
A celebración da Cabalgata levará consigo unha reestructuración do tráfico no centro do municipio. Así, tal e como explicaron dende a Policía Local, o tráfico estará cortado na estrada principal durante a celebración da mesma, aínda que se habilitará un desvío en dirección Santiago pola rúa Rosalía de Castro e a rúa Lagartos, e en dirección A Coruña pola rúa Lagartos e a rúa Galicia.

*