miércoles, 20 de enero de 2010

Próxima inauguración da mostra homenaxe ao activista cultural Juán Jesús González

.
Asesinado no levantamento militar de 1936, achegou libros aos labregos ordenses cunha biblioteca circulante

A Asociación Cultural Foucelhas inaugurará este venres 22 de xaneiro ás 20:00 horas no IES nº 1 de Ordes unha mostra sobre o canteiro, xornalista, escritor, activista cultural e político, Juan Jesús González. Cedida pola Asociación Cultural O Fervedoiro de Cuntis, o evento contará coa participación de Héitor Picallo, autor da obra Xohán Xesús González: un precursor do soberanismo galego.

González, defensor da República durante o levantamento militar de 1936, morreu asesinado nese mesmo ano. Como legado deixou a primeira formulación dun partido político nacionalista e socialista, a Unión Socialista Galega.

Na vila de Ordes levou a cabo iniciativas como a creación dunha biblioteca circulante para permitir o acceso aos libros aos labregos, e incluso chegou a dar un mitin pola autonomía galega no antigo Teatro Troche, amén doutros mitines a labregos de Frades e Oroso durante o tempo da Segunda República.


*