O forte vento levantou parte da cuberta da praza de Abastos e o tellado do graderío do campo de fútbol de Vista Alegre, ademais de ocasionar numerosas caídas de árbores nas estradas e que o municipio permanecese sen luz durante horas
Regos: "Intentaremos que o campo estea listo para o partido que se celebrará este domingo entre o equipo local e o Lalín"
O Concello estima en máis de 150.000 euros os danos ocasionados polo temporal de vento desta noite
O noso municipio viuse gravemente afectado polo temporal de vento que afectou esta noite á comarca. Dende o Concello estimaron en máis de 150.000 euros os danos ocasionados. Uns danos que afectaron á cuberta translúcida da praza de Abastos que se viu levantada, así como a cuberta de uralita que cubre o graderío do campo de fútbol de Vista Alegre.
Sen luz ata as 10 da mañá
A isto sumouse ademais outra serie de danos como árbores caídas nas estradas, danos en naves e bens de particulares, así como a falta de suministro eléctrico. Un suministro , que no caso do casco urbán do municipio, non se veu restablecido ata preto das dez da mañá, estando arredor de seis horas sen restablecerse, algo que o alcalde asegurou “aínda que entendemos dadas as circunstancias, non se pode permitir para un municipio como Ordes”.
O alcalde, Manuel Regos, quixo destacar o traballo realizado tanto pola Policía Local como por Protección Civil, que realizaron os traballos de retirada de árbores e demais mobiliario caído, un traballo que asegurou se viu perxudicado pola falta de luz.
O primeiro edil, que visitou as zonas afectadas polo temporal de vento, explicou que aínda que Ordes se viu moi afectado, “hai que celebrar que non houbera que lamentar ningún tipo de dano persoal”.

Destrozos no campo de Vista Alegre
O Concello de Ordes levará a cabo as obras de recuperación dos danos provocados polo temporal de vento desta noite no campo de fútbol de Vista Alegre. Así o explicou o alcalde, Manuel Regos, despois de visitar a zona e consultar o asunto con técnicos municipais.
O Concello realizará estas obras en tempo récord, xa que tal e como sinalou Regos, “intentaremos que este domingo estea todo listo para que o partido entre o noso equipo e o Lalín se poida disputar con total normalidade, co fin de que tanto afeccionados como medios de comunicación e os propios xogadores non teñan que sufrir as consecuencias do terrible temporal de vento que levantou a cuberta do graderío, entre outros danos”.
*