jueves, 28 de enero de 2010

O PP de Ordes reclama as disculpas de Pachi Vázquez

.
A petición popular débese, segundo a presidenta da Xestora Local Estrella Vázquez, "á decisión de anular o cuartel da Garda Civil e por retrasar a circunvalación da vila"

Pedreira: Os do PP non teñen ollos cando van ás inauguracións en Ordes que posibilitou o goberno de Madrid?

O Partido Popular de Ordes reclama ao secretario xeral dos socialistas galegos, Pachi Vázquez, que aproveite a visita que ten anunciada para esta noite a Ordes "para que explique a tódolos veciños as contínuas agresións ás que os está sometendo o Goberno central do PSOE".

Como exemplos destas agresións, sinalan os populares, entre outras, a ausencia de orzamento para construir o cuartel da Garda Civil, "feito que na práctica equivale á anulación do proxecto, e maila sucesión de retrasos que acumula a tantas veces anunciada circunvalación da vila".

A visita de Pachi Vázquez a Ordes pode ser interpretada, sinala Vázquez, "como unha nova provocación do PSOE a este concello, mentres o alcalde, e os dirixentes socialistas continúan alimentando un idilio político que, polo de ahora, non ten producido máis froitos que unha sucesión de fotos e anuncios propagandísticos sen sustento real algún".

Pedreira: "Son acusacións inxustas"
A respostas deste comunicado, o secretario local dos socialistas ordenses, Xesús Pedreira amosou a súa sorpresa ante o comunicado dos populares que considera "totalmente inxusto" e se pregunta se os populares "non teñen ollos cando van ás inauguracións das actuacións que foron posibles grazas á labor do goberno central de Madrid". Pedreira non quixo entrar a valorar con detalle unhas "acusacións baleiras" que considera que unicamente buscan a "provocación" e "intereses electorais", e tamén quixo recordarlle ao Partido Popular que recapacite sobre o seu actual "xiro á extrema dereita" con respostas coma esta, e que os veciños e veciñas de Ordes "o terán moi en conta" nas furnas.

*