Moi boa acollida dos comerciantes ordenses á proposta da concellaría de Comercio
O alcalde Manuel Regos, xunto ao concelleiro de Industria e Comercio, José Manuel Tobío, fixeron entrega este mediodía dos premios do II Concurso de Escaparates de Nadal convocado polo Concello.
Unha iniciativa que tal e como explicou Regos ten como obxectivo potenciar o comercio local facéndoo máis atractivo para os posibles clientes, á vez de axudar a que a veciñanza se anime a mercar na localidade.

.
Premios en tres categorías
En canto aos premiados, nesta ocasión establecéronse tres categorías, un premio á decoración máis orixinal, dotado con 300 euros, que foi para 'Interópticas Ordes'. Outro premio á decoración máis elaborada dotado tamén con 300 euros e que foi para o establecemento 'Tasmania', e por último un premio dotado de 400 euros para o mellor deseño, que se outorgou á tenda 'Kyrie', que xa fora o ano pasado a gañadora do primeiro premio.
O alcalde, Manuel Regos, fixo entrega aos gañadores duns diplomas acreditativos ademais do premio en metálico.
A frase de Manuel Regos, alcalde de Ordes
“Estamos moi contentos coa participación acadada nesta segunda edición do concurso, na que se superou o número de establecementos participantes do ano pasado, demostrándose así a boa acollida desta iniciativa”

*