.
Os nacionalistas presentan unha moción instando a Regos a conseguilo, e recuperar o baixo municipal para servizos do Concello
Gonzalo Castro anunciou hoxe a presentación dunha moción, que será debatida no pleno da vindeira semana, na que se insta ao alcalde de Ordes a realizar as xestións pertinentes para conseguir que o Ministerio do Interior realice no presente ano os investimentos necesarios para a construción do novo cuartel da Garda Civil, o que permitiría recuperar para os veciños e veciñas o baixo municipal no que está ubicado o cuartel na actualidade, co obxectivo de destinalo a mellorar as dotacións e os servizos municipais.
Segundo Castro, “o único certo é que o alcalde ten gastado máis de medio millón de euros dos veciños e veciñas de Ordes nunha infraestrutura que debía sufragar o Ministerio do Interior, en detrimento doutras necesidades dos veciños e veciñas, que si precisan atención dos diñeiros do Concello”.
Castro manifestou a súa sorpresa porque “o alcalde solicite agora ao BNG que consiga o compromiso do Goberno Central para construir esta infraestrutura, cando levamos tres anos manifestándolle a nosa preocupación pola falta de investimento no Cuartel e sempre nos respondeu que tiña conseguido o compromiso do Goberno Central para construilo”.
A frase de Gonzalo Castro, portavoz do BNG de Ordes
"Esíxolle ao alcalde que asuma as súas responsabilidades e compromisos públicos, porque o BNG seguirá traballando e colaborando para conseguir avances nas infraestruturas e servizos que necesita o noso concello, como fixemos coa circunvalación ou as concentracións parcelarias”
*