martes, 19 de enero de 2010

O PSOE denuncia o mal estado do suministro eléctrico na comarca

.
A Agrupación Socialista de Ordes esixe á Xefatura Territorial da Consellería de Industria que obrige á empresa suministradora de servizo eléctrico a cumplir cun servizo adecuado sen apagóns de luz

Os numerosos cortes de electricidade que vive a comarca están
a provocar importantes trastornos económicos nos veciños e nas empresas


A Agrupación Socialista de Ordes comunicou hoxe en nota informativa solicitará da Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria na provincia da Coruña a "súa intervención fronte á empresa suministradora de servizo eléctrico na comarca ordense en defensa dos usuarios fronte aos numerosos e prolongados cortes de suministro que estes se ven obrigados a soportar".

Segundo manifesta Manuel Suárez Villaverde, secretario local de Medio Rural, "xa son innumerables as veces que os veciños e veciñas da comarca reclaman á empresa que cumpra coas obrigacións contractuais adoitadas cos seus clientes da zona, sendo o silencio ou ben o 'descoñecemento de cando se restablecerá o servizo' a resposta da compañía".

Importantes prexuízos na industria e nas empresas
Segundo os soclistas locais, "os prexuízos causados polos cortes de suministro que soportan os gandeiros, comerciantes, industria e particulares da nosa comarca cada vez que fai un pouco de vento ou chove, obriga a que estes teñan que recorrer ao aluguer de grupos electróxenos para poder continuar coa súa actividade empresarial cotiá. Situación que ademais de causar importantes molestias e trastornos, supón un prexuízo económico que os damnificados non sempre están en situación de poder afrontar". Ademais, o mercado "non sempre garantirá a existencia de material deste tipo con vistas ao seu aluguer, o que supón que o produto, sobre todo nas explotacións leiteiras, acabe por deteriorarse".

Dende a Agrupación Socialista consideran que esta situación está a xenerar unha importante indefensión nas empresas e particulares da comarca de Ordes, polo que esixirán da Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria na provincia da Coruña "que actúe obrigando á empresa suministradora a, por unha banda, facer cumprir o servizo contratado, e dicir, un suministro constante coa potencia acordada por contrato sen caídas de tensión"; e por outra, que impoña á mesma "un mantenemento acorde coas necesidades que eviten que unhas pequenas refagas de vento, neve ou chuvia provoque apagóns nalgúns casos de máis de 12 horas, como lamentablemente ven sucedendo con asiduidade na comarca".

*