sábado, 9 de enero de 2010

O PP insta ao grupo de goberno a que deixe de utilizar a ANPA do Colexio Castelao "para facer política"

.
Estrella Vázquez denuncia o "intento de manipulación" dos pais e nais dos alumnos do CEIP Castelao

O Partido Popular de Ordes fixo onte público un comunicado polo que insta ao equipo de goberno municipal "a que deixe de utilizar a Asociación de Nais e Pais (Anpa) do colexio Castelao para facer política e tratar de manipular aos pais dos alumnos escolarizados nese centro".

Así, fronte a estes intentos "de manipulación", o PP recorda que "foron as xestións da Concelleira Estrella Vázquez ante a xefatura territorial da Consellería de Educación as que permitiron que estes días se estea a instalar no CEIP Castelao o elevador que a comunidade educativa do centro viña reclamando dende hai tempo, sen atopar eco algún a estas demandas, nin no Concello, nin no anterior executivo bipartito autonómico".

Segundo os populares, hai escasas datas a ANPA enviou ás nais e pais unha circular na que enxalzaba o traballo desenvolvido polo anterior director do CEIP Castelao, maila que ese cargo foi renovado hai máis de dous anos, tratando así de comprometer a xestión da actual dirección do centro, que con esforzo e dedicación, está tratando de solucionar as caréncias do colexio.

A frase de Estrella Vázquez, concelleira do PP de Ordes
"Semella que o actual presidente da ANPA do CEIP Castelao non só lle está a facer o traballo suxo ó Goberno Ordense, senón que con esa actitude trata de facer méritos para conseguir un posto nalgunha candidatura das vindeiras municipais

*