Organizado pola Federación Galega de Caza en colaboración, entre outras, da Sociedade de Cazadores de Ordes
O pasado sábado o Mesón do Vento acolleu a comida conmemorativa do Campionato Provincial de Caza de Raposo que estaba previsto celebrar nesa mesma xornada, pero que tivo que ser suspendido por mor da neve.
A pesar da suspensión da competición, na que estaban inscritas 69 cuadrillas, o recinto feiral de Mesón do Vento acolleu a comida , que estaba programada coa celebración do campionato. Un campionato organizado pola Federación Galega de Caza na Coruña en colaboración coas Sociedades de Cazadores de Ordes, a Sociedade de Caza de Visantoña, o Clube de Cazadores O Sanatorio de Cesuras, a Sociedade de Caza Magdalena de O Pino, a Asociación Santiago de Villamayor de Ordes e a Sociedade Deportiva O Gatillo de Ordes.
Sorteo para elexir aos competidores
Trala comida, e debido a que non houbo gañadores ao suspenderse a competición, celebrouse un sorteo para elexir ás catro cuadrillas que participarán no campionato galego que terá lugar o próximo sábado en A Cañiza. Así sairon agraciados en primeiro lugar a cuadrilla “Os Furtivos” da Sociedade de Caza Venatoria de Bergantiños, o “Coto do Barro A” de Boimorto, a cuadrilla de “San Cristóbal de Lema”,e por último “Os raposeiros de Noia e Lousame”.
Ao acto acudiron o alcalde de Ordes, Manuel Regos e o concelleiro de Cultura e Deporte, José Ramón Vázquez Raña que foron os encargados de entregar algún dos premios aos agraciados.

*