^
Nesta ocasión celebrarase un concerto didáctico sobre músicas do mundo
A Biblioteca Municipal do Concello de Ordes ten todo preparado para celebrar o próximo 29 de xaneiro unha nova sesión das 'Tardes de contos de Lendas'.
Nesta ocasión, en lugar de tratarse dunha sesión de contacontos, tal e como viña sendo habitual, tratarase dun concerto didáctico que baixo o título 'Músicas do Mundo' intentará achegar aos pequenos diferentes ritmos e estilos musicais de diversas nacionalidades. Os encargados de interpretar estas músicas serán os membros do grupo SON+D2.
Esta actividade está dirixida a nenos e nenas de entre 7 e 14 anos e terá lugar o próximo 29 de xaneiro ás 19 horas na biblioteca municipal.
*