lunes, 11 de enero de 2010

O Concello de Ordes celebra mañá un obradoiro sobre a prevención de drogodependencias

.
Participarán preto dun centenar de alumnos do IES Maruxa Mallo

Terá lugar en horario de mañá no Centro Comarcal de Ordes

O Concello de Ordes ten previsto celebrar mañá martes 12, un obradoiro sobre a promoción de hábitos saudables e traballo en habilidades sociais para a prevención das drogodependencias. Un obradoiro que terá lugar en horario de mañá no Centro Comarcal de Ordes, e no que participarán preto dun centenar de alumnos e alumnas do IES Maruxa Mallo.

Este obradoiro enmárcase dentro dun ciclo de obradoiros de saúde que o Concello de Ordes organiza en colaboración co Consello da Xuventude de Galicia, e que daba comenzo o pasado mes de decembro coa celebración dun taller sobre prevención do VIH, no que tamén participaron 80 alumnos do IES Maruxa Mallo, e que se completará con outros obradoiros sobre educación sexual que terán lugar durante o curso escolar.

A frase de Xesús Pedreira, concelleiro de Sanidade de Ordes
"Mediante a realización destes obradoiros de saúde os e as xoves poden expresar opinións e plantexar dúbidas, debatir en grupo, intercambiar experiencias que permiten poder aclarar e resolver inquedanzas e recibir información e recursos que fagan posible manter comportamentos saudables”

*