Co gallo do Día Internacional contra o Cancro, o Concello organiza umha charla informativa sobre alimentación para previr a enfermidade
Terá lugar o próximo 6 de febreiro ás 18:00 horas na Casa da Cultura
É necesario inscribirse previamente chamando ao teléfono do Concello 981 680002
O Concello de Ordes ten previsto celebrar en colaboración coa Asociación Española contra o Cancro e con motivo do Día Internacional contra o cancro, unha charla informativa sobre cómo unha alimentación sana pode previr enfermidades deste tipo.
A charla, que será impartida pola experta en nutrición, Teresa Jiménez, e que terá lugar o próximo día 6 de febreiro ás 18 horas na Casa da Cultura, enmárcase dentro do programa municipal “Ordes saudable”.
Podes ver a interesante charla sobre alimentación e cancro do programa 'Forum' da ETB vasca:
As frases de Xesús Pedreira, concelleiro de Sanidade de Ordes
“Estase a producir un cambio nos hábitos de consumo actuais xa que a xente prefire alimentos sans, sostibles e seguros. A xente está aprendendo a valorar con que se alimenta, porque somos o que comemos, e cada vez hai máis persoas que non queren consumir alimentos lixo"
"Con esta charla o que se pretende é dar a coñecer resultados de estudos científicos que avalan que os alimentos ecolóxicos conteñen máis antioxidantes, minerais e vitaminas que os convencionais, así como a importancia que ten levar unha dieta equilibrada como medio de prevención do cancro e que un alto consumo de froitas e verduras está moi relacionado coa reducción de distintas orixes do cancro"
"É importante que a xente saiba que o consumo destes alimentos ofrece protección contra o cancro a través do aporte de compoñentes tales como os antioxidantes”
*