lunes, 4 de enero de 2010

Magnífica acollida veciñal ao certame de corais

.
Participaron catro formacións musicais que recibiron un recordo de mans de Vázquez Raña

O Concello de Ordes, xunto á Coral Polifónica de Santa Cruz de Montaos, celebrou onte o seu certame de corais que contou coa participación da Coral Municipal de Culleredo e as polifónicas Aires de Carral, e Santa María de Cambre, ademais da coral anfitriona.
.
Obsequio do Concello
Ao final das actuacións, o concelleiro de Cultura, José Ramón Vázquez Raña, fixo entrega a cada unha cas formacións participantes dun obsequio do Concello. O edil mostrou a súa satisfacción pola alta participación do público ordense a este evento que se enmarcou dentro da programación organizada pola Concellería de Cultura do Concello de Ordes con motivo destas festas de Nadal.
*