Unha actividade divertida e didáctica polo medio ambiente
Máis de medio centenar de alumnos e alumnas do IES nº 1 de Ordes participaron onte pola tarde en sendos obradoiros sobre cambio climático celebrados no Centro Comarcal de Ordes e organizados polo Concello. Unha iniciativa coa que se perseguiu favorecer a implicación deste alumnado na loita fronte ao cambio climático.
O obradoiro enmárcase dentro do programa SOStendo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras da Xunta. Os monitores encargáronse por medio dunha exposición, xogos interactivos e documentais, de conducir diferentes dinámicas de grupo nas que os escolares pasaron unha tarde divertida aprendendo cómo actuar de forma individual fronte ao cambio climático.
Actividades fronte ao cambio climático
Esta iniciativa forma parte dun programa de actividades fronte ao cambio climático que desenvolve o Concello de Ordes e que se completou ademais coa exposición “O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción”. A mostra, facilitada pola Consellería de Medio Ambiente da Xunta estivo exposta no Centro Comarcal dende o pasado 18 de xaneiro ata o día 25.
Esta é unha nova mostra de que o Concello de Ordes, baixo o programa “Ordes SOStible”, segue a traballar en diferentes propostas que contribúan a unha maior educación ambiental dos veciños e veciñas do municipio, tocándolle nesta ocasión o turno a un programa de actividades fronte ao cambio climático.

*