.
Os interesados poderán presentar os impresos ata o próximo 26 de febreiro no departamento de Educación do Concello
O Concello de Ordes ten aberto dende hoxe o prazo para a solicitude das axudas por desprazamento a estudantes do curso 2009- 2010. Estas axudas poderán solicitalas os estudantes sempre e cando non teñan dereito a transporte escolar gratuíto, ademais de cumprir outra serie de requisitos marcados nas bases da convocatoria.
En canto ao importe máximo das axudas, os estudantes cuxo lugar de residencia diste de 4 a 15 kilómetros do centro de ensino poderán recibir 150 euros, mentres que os que o seu lugar de residencia estea a máis de 15 kilómetros do centro percibirán 300 euros.
Infórmate no departamento de educación do Concello
Os impresos para a solicitude destas axudas poden recollerse no departamento de Educación, na pranta baixa do Concello de Ordes, lugar onde tamén se deberán entregar, unha vez cubertos, xunto á documentación necesaria para formalizar a solicitude.
Tes toda a información dispoñible no Boletín Oficial da Provincia de data 21 de xaneiro de 2010, así como no propio departamento de Educación do Concello.
Con esta iniciativa o goberno local do Concello de Ordes pretende axudar aos estudantes do municipio en materia económica, contribuindo tamén desta maneira a unha maior accesibilidade á ensinanza para todo o mundo.
*