lunes, 26 de abril de 2010

A Xuntanza dos Maiores, para o 9 de maio

.
Haberá misa, banda de música e un xantar na Alameda de balde

As inscricións para participar poderán realizarse dende hoxe ata o 6 de maio no departamento de Servizos Sociais do Concello

O Concello de Ordes celebrará o próximo 9 de maio a súa tradicional Xuntanza dos Maiores.
Os actos previstos para este día serán, ás 13 horas unha misa na igrexa parroquial de Ordes, seguida dunha actuación da Banda de Música Amigos de Ordes e a comida gratuíta na Alameda, que estará amenizada por unha orquestra.

Todos aqueles que estean interesados en participar poderán realizar as inscricións dende hoxe ata o xoves 6 de maio, no departamento de Servizos Sociais do Concello, situado na planta baixa da Casa do Concello, en horario de 09:00 a 14:00 horas. Para inscribirse será necesario presentar o DNI, e o día da celebración tamén fará falta para entrar no recinto presentar o resgardo de estar inscrito.

Con esta iniciativa, un ano máis, tal e como explicou o alcalde, Manuel Regos, o Concello de Ordes quere homenaxear aos seus maiores cunha xornada festiva na que todos poidan disfrutar.

*