Onte domingo, aproveitando a celebración de Expo Ordes, a S.D. Club Ordenes e o Concello de Ordes presentaron o VI Torneo de Fútbol 7
O alcalde de Ordes, Manuel Regos e o concelleiro de Cultura e Deportes, José Ramón Vázquez Raña, xunto a directivos e representantes da S.D. Club Ordenes, presentaron onte no recinto feiral de Expo Ordes o VI Torneo de Fútbol 7 Concello de Ordes, que terá lugar o próximo 29 de maio.
Nesta ocasión participarán de novo unha serie de equipos de recoñecido prestixio tanto da comarca como de toda a provincia. Así haberá competición nas categorías alevín, benxamín e prebenxamín participando os equipos da S.D. Ordenes, o Deportivo da Coruña, o Tordoia, o X. Oroso, o Celta de Vigo, o Montañeros, o Cerceda, o Arteixo o Luis Calvo e o Amio.
Tal e como explicou o concelleiro de Cultura e Deportes, José Ramón Vázquez Raña "esta é unha maneira máis para dar un apoio e fomentar o deporte de base, tan importante tanto dende o punto de vista deportivo como para o desenvolvemento persoal dos nosos nenos e nenas", razóns ás que se sumaron tamén os representantes da S.D. Ordenes.
A competición terá lugar o próximo 29 de maio no campo de fútbol de Vista Alegre.
*