martes, 13 de abril de 2010

O Concello levará a cabo tres importantes proxectos de mellora no alumeado público

.
As intervencións financiaranse a través do novo Fondo Estatal
.

Roberto González: "Trátase de obras moi demandadas polos veciños e que permitirán o alumeado público é o aforro de enerxía"

O Concello de Ordes levará a cabo tres proxectos de mellora no alumeado público do municipio. Uns proxectos cos que se pretende, tal e como explicou o edil de Obras e Urbanismo, Roberto González, "adecuar e mellorar a eficiencia enerxética do alumeado público urbano".

Concretamente estas actuacións levaranse a cabo na N-550 na parroquia ordense de Leira, no núcleo urbano do municipio na rúa Canteira, e por último no segundo tramo da rúa República Arxentina e a rúa Víctor González Faya.

Os tres proxectos están incluidos dentro do paquete de obras que o goberno local do Concello de Ordes levará a cabo a través do novo fondo estatal que destina ao municipio máis de 1,3 millóns de euros. Entre o resto de proxectos incluidos no fondo encóntranse o saneamento en Parada, saneamento e abastecemento na Carballeira en Cabeza de Lobo, en Vilariño na parroquia de Buscás, a construcción dun novo depósito de auga en Ordes, a construcción de tres pistas polideportivas en Montaos, Poulo e Beán, o bombeo de fecais no campo de fútbol municipal e a realización das fachadas das dependencias municipais da Alameda de Ordes.

A frase de Roberto González, concelleiro de Urbanismo e Obras de Ordes
"Estas obras, moi demandadas polos veciños e que consideramos importantes para o noso municipio, permitirán por unha parte mellorar o alumeado público das zonas, así como contribuir ao aforro de enerxía





*