miércoles, 14 de abril de 2010

O Xacobeo previsiblemente traerá un concerto a Ordes este verán

.
O Partido Popular de Ordes alcanzou onte un compromiso con Diego Calvo neste sentido

O Partido Popular de Ordes informa hoxe do éxito na xestión realizada onte xunto ao superdelegado da Xunta de Galicia, Diego Calvo respecto ao compromiso do Xacobeo de organizar en Ordes un concerto.

A presidenta da xestora local do PP, Estrella Vázquez celebra a decisión da Xunta de Galicia que, asegura, "destinará entre 20.000 e 25.000 euros ao concerto que se vai celebrar en Ordes". Do mesmo xeito, Vazquez anima ao Concello de Ordes "a colaborar coa organización do evento para que a convocatoria resulte un éxito".

Queda por tanto coñecer ademais das datas previstas, se Vázquez ou algún membro do PP local suxeriu o nome dalgunha banda ou artista en concreto. Ti cal traerías con ese orzamento?

*