miércoles, 7 de abril de 2010

O IES Nº1 prepara a súa Semana Cultural

Haberá conferencias, charlas, obradoiros, teatro e xogos populares

O IES nº 1 de Ordes está a preparar a súa Semana Cultural, na procura de ofertar actividades, coma dende a organización recoñecen, “máis de letras”. Entre o 12 e o 19 de abril existirán unha serie de actividades culturais para todos os públicos.

Esta iniciativa xorde, explican dende a organización, "a imaxe da exitosa Semana da Ciencia, organizada dende hai catro anos polo departamento de Matemáticas". Deste xeito, continúan "quérese completar esta proposta , pero dende o ámbito doutras materias consideradas como de letras ou humanidades".

A pretensión do profesorado e do equipo directivo é ofrecer aos alumnos visións diferentes, se ben complementarias, de aspectos abordados en distintas disciplinas do currículo dos cursos de ESO e do ensino post obrigatorio.

*