jueves, 22 de abril de 2010

Mañá inaugúrase Expo Ordes 2010

A xornada do domingo está dedicada á XXI Festa do Champiñón

Mañá venres ás 20:00 h. inaugúrase Expo Ordes 2010, a feria multisectorial que atraerá a miles de visitantes á nosa vila durante a fin de semana. A segunda xornada, a do sábado 24, abrirá as portas do recinto feiral ás 10 da mañá e contará durante todo o día coa actuación da Charanga Ruada e sesión vermú e verbena a cargo da Orquestra Odisea.

Reparto de 10.000 kilos de champiñóns para o domingo
Para a xornada do domingo celebrarase unha das citas máis especiais do municipio, a XXI Festa do Champiñón. Unha cita que contará cunha degustación gratuíta do producto nos diferentes establecementos hostaleiros do municipio, para o que o Concello repartirá arredor de 10.000 kilos de champiñóns. Ademais haberá un posto de venta de champiñón dentro da carpa para todos os que estean interesados en adquirir este producto.

Ademais a xornada do domingo, 25 de abril, tamén terá un espacio para o deporte, coa celebración un ano máis do Concurso de Salto de Obstáculos Nacional, que traerá ata o municipio, a máis dun centenar de participantes de recoñecido prestixio no mundo da hípica a nivel nacional.

As probas darán comenzo pola mañá ás 11 horas, e pola tarde ás 16 horas, e terán lugar na explanada anexa ao CEIP Campomaior.

Podes ver a inauguración de Expo Ordes 2009 facendo clic baixo estas liñas:



A frase de Manuel Regos, alcalde de Ordes
"Temos un especial interese en darlle un novo pulo a esta cita tan importante para o municipio, e como xa se acordou en pleno, solicitaremos á Xunta que se declare a Festa do Champiñón de Ordes, Festa de Interese Turístico de Galicia

*