Baixo o título 'Conciliar será fácil e divertido' os obradoiros celébranse no local cultural da rúa Reconciliación ata o próximo 5 de abril
O programa conta cun servizo de transporte gratuíto
Máis dunha trintena de nenos e nenas ordenses participan dende hoxe nunha nova edición do programa 'Conciliar será fácil e divertido' que organiza a concellería de Educación, Mocidade e Discapacidade do Concello de Ordes que dirixe Silvia Marín.
O obxectivo deste programa, que consiste en obradoiros e xogos para os rapaces durante as mañás dos días 29, 30, 31 de marzo e 5 de abril, é que os pais e nais do municipio poidan conciliar a vida laboral e familiar durante as vacacións escolares dos seus fillos.
As actividades dan comenzo ás 9 da mañá no local cultural da rúa Reconciliación e prolónganse ata as dúas da tarde, tempo no que os pequenos participantes se divirten con xogos e talleres que imparten monitores especializados.

Ademais o Concello pon a disposición dos participantes un servizo de transporte gratuíto para os nenos e nenas que viven nas parroquias.
A frase de Silvia Marín, concelleira de Educación de Ordes
“Trátase de actividades de Semana Santa nas que as familias poden deixar aos seus fillos durante as mañás de vacacións, que teñen como único fin facilitar a conciliación co traballo dos pais, e ao mesmo tempo que os pequenos se divirtan con xogos e obradoiros”

*