.
Xesús Pedreira: "A estación medio ambiental mellorará notablemente coa instalación do novo depósito decantador"
Medio centenar de alumnos de 1º da ESO do IES nº1 de Ordes, participaron o pasado venres nunha actividade organizada pola concellería de Medio Ambiente de Ordes, en colaboración co centro escolar, e que consistiu na visita á Estación de Tratamento de Auga Potable -ETAP- e á Estación Depuradora de Auga Residual -EDAR-.
Os rapaces recibiron explicacións acerca do funcionamento das mesmas, que correron a cargo do responsable de Espina & Delfín en Ordes, a quen lle puideron preguntar ademais algunhas das súas dúbidas.
As frases de Xesús Pedreira, concelleiro de Medio Ambiente de Ordes
“Con esta actividade o que se pretende é poñer a disposición de tódolos centros escolares que estean interesados en visitar a ETAP e a EDAR do Concello as súas instalacións. Deste xeito poderán coñecer de primeira man a xestión da auga na nosa vila, aspecto que nos plantexa un dos maiores retos dentro da política medio ambiental que promovemos dende esta concellería para poder facilitarlle aos nosos veciños unha auga de total calidade"
"A xestión mellorará notablemente coa instalación do novo depósito decantador co que temos previsto reforzar unha xestión levada a cabo na planta potabilizadora e que viña arrastrando xa numerosos problemas na calidade na auga de suministro no momento de asumir o actual goberno”
*