Os concellos da Comarca de Ordes organiza uns obradoiros dirixidos aos escolares
A Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes vén de poñer en marcha unha campaña preventiva sobre alimentación saudable, denominada 'Comendo ben'. Uns obradoiros dirixidos aos escolares dos sete municipios da comarca de Ordes e que pretenden servir como unha ferramenta de prevención dende a escola fronte aos trastornos da conduta alimentaria.
Así, as psicólogas do Servizo de Prevención de Drogodependencias e Apoio á Persoa da Mancomunidade de Ordes están a impartir uns cursos que supoñen unha aproximación a unha alimentación saudable entre os mozos da comarca. “Consideramos imprescindible a prevención dende a escola, favorecendo unha mellora da autoestima e da imaxe que os rapaces teñen sobre eles mesmos”, explica Mónica González López, técnica de Prevención de Drogodependencias da Mancomunidade de Ordes.
O principal problema: a obesidade
González López sinala que “a alimentación xoga un papel fundamental no benestar das persoas dende os primeiros anos da nosa vida” e apunta que “entre os problemas de saúde da poboación actual, en particular dos adolescentes, atópanse os trastornos da conduta alimentaria”. Así, a obesidade é un dos problemas de saúde pública máis preocupantes nestes momentos debido ao seu crecemento. Ademais, segundo os datos manexados polo Servizo de Prevención de Drogodependencias e Apoio á Persoa da Mancomunidade de Ordes, as maiores cifras detéctanse na prepubertade, concretamente no grupo de idades de 6 a 12 anos.

Podes coñecer as declaracións do concelleiro de Servizos Sociais, Xesús Pampín a Radio Ordes:
Estes obradoiros “Comendo ben” comezaron a impartirse hai uns días con éxito en Tordoia, en colaboración co CPI Pecalama. Neles participaron alumnos de 5º e 6º de primaria do centro tordoiés. A vindeira cita terá lugar o vindeiro 26 de abril no CEIP Campomaior, no concello de Ordes.
Foto: Obradoiro de alimentación saudable en Tordoia.
Foto: Obradoiro de alimentación saudable en Tordoia.
*