miércoles, 7 de abril de 2010

O Concello celebrou hoxe o Día da Saúde

.
Revisouse a tensión, o peso e os niveis de glucosa aos veciños

O Concello de Ordes conmemorou hoxe o Día Mundial da Saúde cunha carpa instalada na Alameda de Ordes. Unha carpa na que os veciños e veciñas que quixeron pasar por alí puideron revisar de balde a tensión arterial, o peso e os niveis de glucosa, unha iniciativa que se enmarcou dentro do programa municipal Ordes Saudable.

Os encargados de realizar as revisións foron membros do persoal do centro de saúde de Ordes e do Colexio Oficial de Enfermería da Coruña.

Nesta actividade colaboraron tamén co Concello de Ordes, Agedo (Asociación Galega de Enfermos para a Doazón de Órganos) e a Irmandade de Donantes de Sangue de A Coruña participando cunha mesa informativa sobre a doazón de órganos e sangue.

Velar pola saúde dos ordenses
O concelleiro de Sanidade, Xesús Pedreira, mostrou o seu agradecemento a estas asociacións, así como insistiu no empeño do Concello de Ordes en velar pola saúde dos seus veciños, concienciándoos da necesidade da prevención, destacando o bo número de iniciativas que se levan a cabo dende o Concello ao respecto.

*