jueves, 22 de abril de 2010

Os nacionalistas só asistirán ao xantar do sábado se cada concelleiro paga o seu prato

Unha comida para 87 membros das corporacións de municipios da comarca causa o rechazo do BNG por consideralo "despilfarro de diñeiro público"

O BNG na comarca de Ordes fixo pública hoxe en rolda de prensa, a súa posición con respecto á participación nas actividades relacionadas coa Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes, que se desenvolverán o vindeiro sábado.

Na comparecencia na que participaron os portavoces municipais de Cerceda, Rocío da Igrexa; de Ordes, Gonzalo Castro; de Tordoia, Pilar Garcia; e o concelleiro de Frades, Manuel Míguez, os nacionalistas anunciaron que os concelleiros e concelleiras do BNG participarán no acto institucional que se celebrará o vindeiro sábado en Ordes e no que se inaugurarán seis novas rúas que levarán o nome dos concellos da comarca ordense. Tamén manifestaron o seu apoio expreso a esta iniciativa.

Con respecto ao xantar posterior ao acto, "ao que o alcalde de Ordes, Manuel Regos, ten convidado a todos os concelleiros e concelleiras das corporacións municipais da comarca, e que será sufragado con cargo aos recursos públicos do Concello de Ordes", estes manifestaron o seguinte:

1º) Representación institucional. O BNG defende a representación institucional baseada en criterios de responsabilidade e de respecto á cidadanía, por conseguinte, o gasto de recursos públicos nun xantar reservado exclusivamente a concelleiros e concelleiras, ademáis de non constituir un exercicio responsábel da representación institucional, constitue, no momento actual de crise económica, unha falta de respecto aos veciñas e veciñas destes concellos, que sufren a diario o deterioro dos servizos públicos como consecuencia, entre outras cousas, da falta de recursos públicos municipais.
2º) Despilfarro de recursos públicos. Este despilfarro de recursos públicos nun xantar para perto de 90 cargos públicos, reviste especial gravidade no caso do concello de Ordes, que viu duplicada a súa débeda nos últimos dous anos pasando de 2,2 millóns de euros a 4,1, e que se atopa nunha situación financeira que lle impide atender servizos básicos como a escola infantil municipal.

3º) Xantar sufragado polos concelleiros. Os concelleiros e concelleiras so BNG apoiarán e participarán activamente nos actos institucionais de inauguración das rúas cos nomes dos concellos da mancomunidade, mais só participarán no xantar posterior se o mesmo é sufragado polos cargos públicos que participen do mesmo, xa que consideramos un comportamento irresponsábel e irrespetuoso cos veciños e veciñas o gasto de diñeiro público nun xantar reservado a concelleiros e concelleiras.

Foto: Os concelleiros nacionalistas Pilar García (Tordoia); Gonzalo Castro (Ordes), Rocío da Igrexa (Cerceda); e Manuel Míguez (Frades).


*