sábado, 10 de abril de 2010

Aprende a ser panadeiro

Aberto o prazo de inscrición no Concello de Ordes para un curso de panadería e bollería para desempregados

O curso enmárcase dentro do programa Rede Xiana da Deputación e terá lugar en Carral

O Concello de Ordes informou hoxe de que xa está aberto o prazo de inscrición para participar nun curso de panadería e bollería. Un curso que se enmarca dentro do programa Rede Xiana da Deputación da Coruña e que terá un total de 539 horas lectivas e se desenvolverá no Concello de Carral a partir do 1 de xuño.

Trátase dun curso totalmente gratuíto no que poderán participar os veciños e veciñas de Ordes que sexan demandantes de emprego e que teñan a tarxeta actualizada.

Inscripcións ata o 30 de abril
O prazo de presentación de solicitudes de inscrición permanecerá aberto ata o próximo 30 de abril, debendo ser entregadas na Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Ordes, situada no segundo andar da Casa Consistorial, onde tamén se poderá solicitar máis información.

Por outra parte a este curso sumarase outro, pertencente tamén ao programa Rede Xiana da Deputación, que terá a Ordes como sede. Trátase dun curso sobre enerxía térmica no que se ensinará aos participantes, que deberán ser desempregados, a montaxe, a posta en servizo, operación e mantemento das instalacións solares térmicas, que constará de 529 horas lectivas e que servirá ademais como apoio para conseguir o certificado de profesionalidade.

Podes ver unha video-receita de pan caseiro:



O prazo de inscrición para participar neste curso tamén estará aberto ata o 30 de abril na Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Ordes.

*