A feira multisectorial que se inaugura este venres, acollerá a 75 expositores no Campo da Feira
Expo Ordes 2010 serán máis de 3.000 metros cadrados de exposición no interior dunha carpa, onde estarán colocados os stands de diferentes empresas de sectores da máis variada índole, ademais dun stand do Concello e outros doutras institucións así como de asociacións, espacio ao que haberá que sumar tamén as exposicións nos exteriores, co que a feira contará cun total de 10.000 metros cadrados de exposición.
Os sectores da construcción, a comunicación, a automoción, a maquinaria agrícola, a náutica, o moble, a alimentación, o textil, ou as telecomunicacións, entre moitos outros, estarán representados nesta feira multisectorial que xa se ten convertido en todo un referente na comarca e incluso a nivel galego.
*