jueves, 8 de abril de 2010

Xa se poden solicitar as axudas á dependendencia da Xunta

Aberto o plazo ata o 7 de maio

Máis información chamando ao teléfono do Concello o 981680002

Dende o departamento de Servizos Sociais do Concello de Ordes quixeron lembrar a todos os seus veciños e veciñas que a Xunta convocou xa as axudas dirixidas a maiores, dispacitados e persoas en situación de dependencia.

Estas axudas pódense solicitar nos Servizos Sociais do Concello, de 0 a 64 anos na Oficina Integral da Discapacidade e a partires dos 65 anos na oficina de Servizos Sociais da Terceira Idade ata o próximo 7 de maio.

Beneficiarios
Pódense beneficiar destas axudas persoas maiores, persoas cunha discapacidade superior ao 33 por cento e persoas que teñan recoñecida a situación de dependencia de Grao III, niveis 1 e 2 ou Grao II, niveis 1 e 2. As axudas consisten en apoiar á persoa con axudas técnicas ou productos de apoio para o normal desenvolvemento da vida diaria, facilitar as adaptacións funcionais do fogar que contribúan a mellorar a súa autonomía persoal e a previr situacións de dependencia maiores, e a adquisición de órteses, próteses e axudas técnicas como audífonos ou próteses.

Os interesados poden recibir máis información chamando ao teléfono do Concello o 981 680002.

*