miércoles, 14 de abril de 2010

O Concello pon a disposición dos veciños un novo contedor de recollida de aceite

.
Estará ubicado na rúa Nova á altura do número 36

O Concello de Ordes pon a disposición dos seus veciños e veciñas dende hoxe mércores, un novo contedor de recollida de aceite doméstico usado. Un novo contedor que estará ubicado na rúa Nova, á altura do número 36, e que suma así o séptimo contedor deste tipo no municipio.

Dende que o pasado mes de novembro de 2008 se puxera en marcha a campaña de sensibilización de reciclado de aceite usado de cociña 'Tirar aceite polo fregadeiro contamina', o Concello de Ordes leva xestionado máis de 4.000 litros deste residuo evitando así por cada un destes litros xestionados, contaminar 1.000 litros de auga dos nosos ríos.

Poderán chegar a ser oito os contedores
A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Ordes anima a todos os veciños e veciñas da vila a que depositen o aceite doméstico usado neste contedores, contribuindo a facilitar este servizo coa colocación dun maior número dos mesmos, sendo a previsión para finais deste ano que o municipio conte con outro contedor máis, sendo así oito os que estarán instalados no municipio.

As frases de Xesús Pedreira, concelleiro de Medio Ambiente de Ordes
"O interese desta campaña de recollida de aceite doméstico usado reside na necesidade de concienciar á cidadanía da importancia da reciclaxe deste residuo polos beneficios que conleva, non só ambientais, senón que tamén para evitar os problemas que acarrea desfacerse deste residuo polas canerías, xa que provoca a súa obstrucción ao solidificarse e, en consecuencia, graves molestias e perxuizos para calquera domicilio ou comunidade de veciños"

"Se os aceites alcanzan as alcantarillas acumúlanse nas esquinas e favorecen a proliferación de colonias de roedores e, incluso, se se mesturan coa auga poden chegar a disminuir a súa calidade. En definitiva é un xesto co que gañamos todos”

Foto: O alcalde Manuel Regos xunto aos concelleiros Silvia Marín, José Luis Gómez e Xesús Pedreira, na inauguración do contedor de aceite usado da Alameda de Ordes en novembro de 2008.

*