.
A actividade que se desenvolverá ata o mércores, conta coa colaboración do Consello da Xuventude
O Concello de Ordes, a través da Concellería de Sanidade, está desenvolvendo estes días un ciclo de obradoiros de educación sexual e afectiva para os que conta coa colaboración do Consello da Xuventude.
Hoxe foi o primeiro día no que se celebrou este taller que contou coa participación de máis de 50 alumnos e alumnas de 3º do IES Maruxa Mallo. Uns talleres que se prolongarán tamén durante os próximos días con máis alumnos e alumnas do mesmo centro.
Podes ver baixo estas liñas o fantástico spot do Ministerio de Sanidade 'yopongocondon.com'
Un programa da cocnellería de Sanidade de Ordes
Esta iniciativa que leva a cabo a concellería de Sanidade de Xesús Pedreira, enmárcase dentro dun programa de talleres dirixido a mozos e mozas ordenses que daba comenzo xa os pasados meses coa celebración dun obradoiro sobre a prevención do VIH e outro sobre as drogodependencias.
Podes escoitar as declaracións de Xesús Pedreira, concelleiro delegado de Sanidade de Ordes a Radio Ordes:
*