As rúas están situadas na zona do Paraíso, nos arredores do CEIP Castelao, e serán inauguradas o sábado pola mañá
O Concello de Ordes poñerá nome a seis das súas rúas o próximo sábado. Tratáse dunhas rúas situadas no zona do Paraíso, nas inmediacións do CEIP Castelao, que levarán a partir de entón o nome dos seis municipios, que xunto a Ordes, forman a Mancomunidade de Ordes.
Trátase dun acto enmarcado dentro da programación de Expo Ordes 2010, que terá a xornada do sábado adicada á comarca. Desta maneira, Cerceda, Frades, Mesía, Oroso, Tordoia e Trazo terán o seu oco no municipio ordense poñendo nome a algunhas das súas rúas. Para a inauguración, que terá lugar a partir das 13 horas, o goberno local do Concello de Ordes ten invitadas a todas as corporacións municipais ao completo de ditos municipios.
Trala inauguración as autoridades realizarán unha visita ao recinto feiral de Expo Ordes, visita que está prevista para as 14 horas.
*