Máis de medio centenar de alumnos das escolas unitarias de Beán, Buscás, Merelle, Montaos e Parada visitaron a exposición sobre a evolución humana na biblioteca
Os pequenos participaron en diferentes talleres de manualidades nos que elaboraron lanzas, máscaras e outros adornos relacionados cos homes prehistóricos
Un novo grupo de escolares visitou na mañá de hoxe a exposición 'La Evolución Humana' que permanecerá aberta na biblioteca municipal ata o próximo 17 de abril. Nesta ocasión tocoulle o turno a máis de medio centenar de alumnos e alumnas das escolas unitarias de Beán, Buscás, Merelle, Montaos e Parada que disfrutaron coñecendo a forma de vida dos homes prehistóricos.
Ademais estos pequenos visitantes da mostra puideron participar en diferentes obradoiros de manualidades, organizados dende a biblioteca, a través dos que elaboraron lanzas, collares e incluso máscaras coas caras de homes da Prehistoria, actividades que se completaron co visionado dun vídeo explicativo adaptado á idade dos pequenos.
Próximas visitas
En canto ás próximas visitas de escolares á mostra, mañá martes tocaralle o turno a alumnos de 4º do CEIP Castelao, centro que tamén fará outra visita o mércores con máis alumnos e alumnas do mesmo curso. O xoves día 15 visitarán a exposición alumnos e alumnas de 6º curso do CEIP Campomaior e outro grupo de escolares de 1º da ESO do IES Nº1. Por último, o venres pecharán o ciclo de visitas outros 48 alumnos de 3º.
*