O BNG, adianta Ramiro Recouso, solicitará "unha refundación" do organismo
O nacionalista acusa aos alcaldes de Ordes, Cerceda, Frades, Mesía, Oroso, Tordoia e Trazo de ter una "rancia" e "localista" mentalidade
O concelleiro nacionalista Ramiro Recouso ven de facer públicas as súas reaccións ás conclusións adoitadas polos alcaldes da Mancomunidade de Ordes na súa reunión celebrada onte en Ordes. O nacionalista "congratúlase" de que, "por fin os rexedores dos sete concellos da Comarca recoñezan que a Mancomunidade de Ordes é totalmente inoperativa". Para o edil, a “conclusión” á que chegaron os alcaldes, na sesión extraordinaria de onte, é o “acordo” mais intelixente que foron capaces de acadar nos últimos anos.

Minifundista e localista
Recouso considera que a situación á que se chegou no seo da Mancomunidade era unha crónica anunciada, xa que a rancia mentalidade “minifundista” e “localista” dos sete rexedores, mais preocupados do beneficio electoral propio que do benestar dos habitantes da comarca, derivou no que agora se denuncia, na duplicidade de servizos (recollida de lixo e servizos sociais), que pese a estar duplicados non atenden as necesidades reais dos veciños e veciñas da comarca, o que deriva, todo isto segundo Recouso, nunha Mancomunidade inoperativa.
Así as cousas, o BNG de Ordes leva varios anos demandando unha refundación da Mancomunidade, a última vez no pleno da corporación municipal de Ordes de xaneiro de 2008, cando se ratificaron os actuais Estatutos deste ente. Neste Pleno, os nacionalistas de Ordes, solicitaron que na Xunta da Mancomunidade estiveran representados todos os partidos políticos con representación nas sete corporación locais cunha distribución de representantes efectuada tendo en conta os votos obtidos nas eleccións municipais na totalidade dos Concellos que integran a Mancomunidade.

Recouso Liste espera que este momento de “lucidez”, amosado polos rexedores da comarca, non se apague. E insta aos mesmos a abrir un debate sereno sobre o futuro da Mancomunidade, onde todas as sensibilidades políticas teñan representación, e onde se atenda as necesidades reais da poboación da comarca.
*