Milleiros de visitantes pasaron xa pola recinto feiral de Expo Ordes 2010
Un dos visitantes desta mañá foi o presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda, que estivo acompañado polo alcalde, Manuel Regos
Os ordenses seguen a celebrar a súa feira multisectorial Expo Ordes 2010, que vive hoxe unha das xornadas máis importantes coa celebración da XXI Festa do Champiñón.
.
Esta mañá visitaba o recinto feiral o presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda, que foi recibido primeiramente na Casa do Concello polo alcalde, Manuel Regos e o resto de membros da corporación municipal. Trala recepción no Concello as autoridades desprazáronse ata o recinto feiral onde visitaron cada un dos stands participantes.
"Festa de Interese Turístico"
Regos agradeceu ao presidente provincial a súa visita a esta festividade ordense que hoxe celebraba a XXI Festa do Champiñón, que volveu a repetir "esperamos que sexa declarada Festa de Interese Turístico de Galicia canto antes, para o que tal e como se acordou en pleno, o solicitaremos á Xunta".
Pola súa banda o presidente provincial tamén agradeceu a invitación a esta festa por parte do consistorio ordense e mostrou o interese polos diferentes expositores participantes no evento. Unha festa que cada ano vai gañando tanto en número de expositores como en calidade e que nesta ocasión contou coa participación de 75 expositores que se puideron visitar nos 10.000 cadrados de exposición cos que conta o recinto, entre a zona da carpa e os exteriores.
Por outra banda, os establecementos hosteleiros do municipio están a celebrar tamén a degustación gratuíta de champiñón para a que o Concello repartiu arredor de dez toneladas do producto, que nesta ocasión foi de orixe galego, tal e como explicou Regos.
Por outra banda, os establecementos hosteleiros do municipio están a celebrar tamén a degustación gratuíta de champiñón para a que o Concello repartiu arredor de dez toneladas do producto, que nesta ocasión foi de orixe galego, tal e como explicou Regos.
.
A frase de Manuel Regos, alcalde de Ordes"Estamos moi satisfeitos co éxito que está a ter esta nova edición de Expo Ordes, e estamos seguros, de que xa se teñen superado as expectativas de visitantes que tiñamos previsto nun primeiro momento, xa que tanto na xornada de onte como a de hoxe foron milleiros as persoas que pasaron polo recinto"
*