Trátase dun programa enmarcado dentro do Proxecto Rede Xiana da Deputación da Coruña
O prazo para inscribirse permanecerá aberto no departamento de Emprego, Industria e Comercio do Concello do 5 ao 30 de abril e as clases darán comezo o 1 de xuño
O Concello de Ordes será a sede dun dos cursos enmarcados dentro do Proxecto Rede Xiana da Deputación da Coruña que ten como obxectivo impartir accións formativas. Trátase dun curso sobre enerxía térmica no que se ensinará aos participantes, que deberán ser desempregados, a montaxe, a posta en servizo, operación e mantemento das instalacións solares térmicas, que constará de 529 horas lectivas e que servirá ademais como apoio para conseguir o certificado de profesionalidade.
Prazo de inscrición ata o 30 de abril
O prazo de inscrición para participar neste curso permanecerá aberto dende o 5 ao 30 de abril no departamento de Emprego, Industria e Comercio do Concello de Ordes. Haberá un número de prazas limitadas e poderán inscribirse non só veciños de Ordes, senón tamén dos municipios da comarca e tamén de Carral. A lista de admitidos no curso farase pública na segunda quincena do mes de maio e está previsto que as clases dean comenzo o día 1 de xuño.
Tal e como explicaron dende o Concello esta iniciativa pódese levar a cabo grazas á Deputación, ao propio Concello e á empresa Couselo Raña, pioneira neste sector, que cede as súas instalacións para a realización das prácticas.
Os interesados poderán obter máis información acerca do curso no departamento de Emprego, Industria e Comercio do Concello, situado na segunda planta da Casa Consistorial.

*