Quedou prantexada a instalación dun proxecto para a reciclaxe do 94% do lixo recollido
Trátase dun sistema de prantas modulares que se está a desenvolver con éxito en Canadá e Australia
O pleno da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes cambiou hoxe de escenario e trasladouse ata o salón de plenos do concello de Tordoia, iniciando así “unha rotación por todos os concellos da mancomunidade, para que todos os alcaldes afondemos no coñecemento dos distintos municipios que integran a comarca”, explicou o presidente da Mancomunidade, Miguel Prado Patiño. Unha sesión na que a Mancomunidade tomou coñecemento de dúas propostas de colaboración, presentadas dende a Xunta de Galicia e a empresa Bioclima.
Así, os alcaldes da comarca interesáronse por un proxecto para a reciclaxe de Residuos Sólidos Urbáns (RSU) pioneiro en Europa e que permite a reciclaxe do 94 por cento do lixo recollido. Técnicos da empresa Bioclima explicaron que este sistema de plantas modulares estase a desenvolver con éxito en Canadá e Australia, pois supón cero emisións contaminantes, a planta produce a súa propia enerxía e mesmo produce enerxía que se pode enviar á rede. Ademais, non sería preciso realizar recollida selectiva dos residuos, xa que estes poderían chegar xuntos á planta e serían separados cun novo procedemento.

Suporía un aforro cidadá do 50 por cento da taxa do lixo
Segundo Bioclima, esta novidosa proposta suporía un investimento cercano aos 2,5 millóns de euros, dos que a metade podería ser financiado con fondos da Unión Europea. Así mesmo, dende a empresa explicaron que suporía un aforro para o cidadán dun 50% da taxa do lixo e que o investimento podería recuperarse nun prazo non superior a dous anos. Recollendo o sentir dos alcaldes presentes, Miguel Prado sinalou que “se trata dunha proposta moi interesante” e apuntou a necesidade “de manter unha reunión de traballo máis en detalle nun futuro próximo”.
^
Podes coñecer as declaración de Manuel Astray a Radio Ordes:
Toponimia e microtoponimia
Por outra banda, o pleno da Mancomunidade de Ordes tamén tomou coñecemento dunha proposta do SITGA para recopilar toda a toponimia e microtoponimia dos sete municipios (Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo). A coordinadora deste proxecto no SITGA, Berta Román, explicou que na actualidade “temos recollidos 400.000 topónimos de 103 concellos galegos”, o que significa que está recopilado aproximadamente un tercio do territorio de Galicia. Como idea xeral, apuntou que se recolle unha media de 40 topónimos por quilómetro cuadrado.
Miguel Prado explicou que os concellos que integran a Mancomunidade ordense “estamos interesados neste proxecto pois consideramos que é unha medida acertada e que pode ser moi útil para nós”. Para a realización do proxecto, cada concello da Mancomunidade tería que asinar un convenio de colaboración co SITGA no que non terían que aportar cantidade económica algunha, salvo poñer un técnico e un vehículo para o traballo de campo. Ademais, como o traballo de campo se fai directamente na parroquia falando cos veciños, o Concello encargaríase de facilitar aqueles informantes que puidesen aportar un maior coñecemento do lugar.
Con estes datos, o SITGA elaboraría un completo mapa toponímico de cada municipio, que sería exposto nos concellos para que toda a xente puidese aportar os seus datos. Finalmente, unha Comisión de Toponimia da Xunta encargaríase de determinar a forma escrita oficial dos topónimos, respetando máis a pronunciación da zona ca propia normativa.
A esta sesión do pleno da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes celebrado en Tordoia asistiron asistiron seis alcaldes da comarca de Ordes: José García Liñares (Cerceda), Miguel Prado Patiño (Frades), Mariano Iglesias Castro (Mesía), Manuel Mirás Franqueira (Oroso), Antonio Pereiro Liñares (Tordoia) e Xosé Dafonte Varela (Trazo); así como o vicepresidente da Mancomunidade e concelleiro de Ordes Manuel Astray Mariño.

Foto: Pleno da Mancomunidade hoxe no salón de plenos da Casa do Concello de Tordoia.
*