Máis de medio centenar de persoas participarán na segunda etapa de peregrinación polo Camiño Francés que promoven as concellerías de Educación e Medio Ambiente de Ordes
A iniciativa conta coa colaboración do Equipo de Normalización Lingüística do IES Nº1 e pretende percorrer o Camiño Francés dende o Cebreiro a Santiago en sete etapas repartidas en diferentes sábados
Os interesados poden inscribirse chamando ao teléfono 981 680002
As concellerías de Educación e Xuventude e Medio Ambiente do Concello de Ordes que dirixen Silvia Marín e Xesús Pedreira respectivamente, e en colaboración co Equipo de Normalización Lingüística do IES nº 1 poñían en marcha o pasado 10 de abril a iniciativa “Os Camiños de Santiago en Galicia”. Unha actividade a través da que se pretende facer unha peregrinación a Santiago percorrendo o Camiño Francés dende O Cebreiro en diferentes etapas.

.
O Camiño en sete etapasConcretamente o pasado día 10 levávase a cabo a primeira destas etapas que deu comenzo no Cebreiro ata Triacastela. Así o próximo sábado día 17 está previsto que máis de medio centenar de persoas participen na segunda das rutas que terá como punto de partida Triacastela para finalizar en Sarria.
De cara ás datas e percorrido das etapas restantes serán as seguintes, terceira de Sarria a Portomarín o 8 de maio, a cuarta de Portomarín a Palas de Rei o 15 de maio, a quinta de Palas de Rei a Arzúa o 22 de maio, a sexta de Arzúa a Arca o 29 de maio, e por último a séptima das etapas percorrerá 19 kilómetros do Camiño Francés dende Arca a Santiago de Compostela o 5 de xuño.
Podes escoitar as declaracións da concelleira de Educación, Silvia Marín a Radio Ordes:
Todos aqueles que estean interesados en participar poderán inscribirse e recibir máis información no Concello ou chamando ao teléfono 981 680002.
*