viernes, 30 de abril de 2010

De ruta co Concello polo Camiño Inglés

.
Unha representación de Ordes tomou o relevo da Peregrinación Institucional polo Camiño Inglés que organiza o Consorcio do Camiño Inglés

Participan 16 concellos, entre eles, o noso de Ordes

En representación do Concello de Ordes, o edil Xesús Pedreira, participaba hoxe na Peregrinación Institucional polo Camiño Inglés por relevos para reivindicar esta ruta, que organiza o Consorcio do Camiño Inglés na que están participando 16 concellos, entre eles Ordes.

Dende Ferrol ata o Obradoiro
Esta peregrinación daba comenzo o pasado luns en Ferrol, e onte chegaba a Ordes collendo o relevo do Concello de Mesía. Así, Pedreira, tomou dito relevo en representación do Concello e percorreu cos peregrinos participantes o tramo dende a parroquia de Buscás ata Sigüeiro, onde tomará o relevo o Concello de Oroso.

Para hoxe venres estaba prevista a chegada de todos os participantes á Praza do Obradoiro onde todas as corporacións, veciños e veciñas participantes serán recibidas polo alcalde de Santiago antes de asistir á misa na Catedral. Está previsto que Xesús Pedreira acuda tamén a este acto en representación do Concello de Ordes.




*