O programa municipal de Voluntariado Verde segue a velar pola preservación do medio ambiente no municipio
Se recolleron máis de 200 quilos de lixo
O Concello de Ordes, a través do programa Voluntariado Verde segue adiante cunha serie de iniciativas a través das que se pretende preservar o medio ambiente no municipio.
Así, o grupo de voluntarios que participan neste programa municipal, posto en marcha polo departamento de Medio Rural e Desenvolvemento Ecolóxico e Sostible que dirixe o edil José Luis Gómez Candal, completaron este sábado unha das actividades que desenvolveron durante as derradeiras fins de semana, a limpeza do roteiro do río Mercurín.
Esta iniciativa sumouse así a outras levadas a cabo xa por este grupo de voluntarios que utilizan o seu tempo libre durante as fins de semana para coidar o seu entorno. Actividades como a limpeza do río Mercurín o pasado 2 de outubro, enmarcada nunha iniciativa promovida por Adega dentro do Proxecto Ríos, e na que se recolleron máis de 200 kilos de lixo.
Todos aqueles que estean interesados en participar no Voluntariado Verde de Ordes, todavía están a tempo de facelo, o único requisito, ter máis de 14 anos, debendo presentar os menores de idade unha autorización dos seus pais ou titores. As inscricións neste programa poden realizarse no departamento de Medio Rural e Desenvolvemento Ecolóxico e Sostible do Concello de Ordes, situado no primeiro andar da Casa Consistorial, ou ben chamando ao 981680002, ou a través do perfil de facebook “Voluntariado Verde Ordes”.
*