domingo, 6 de noviembre de 2011

O PXOM, vintecatro horas de exposición no blogue do PP

Os populares queixanse do horario de exposición física do documento na Casa do Concello

O Partido Popular de Ordes ten publicado dende este venres  no seu blogue o avance do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). Con esta posta a disposición, o PP "trata de facilitar o aceso ao mesmo ás persoas que, por distintas razóns, teñen dificultades para achegarse á Casa Consistorial para revisar o PXOM". Os populares queixanse do horario de exposición do documento -de luns a venres 09:00 a 14:00 horas- que consideran "incompatible", en moitos casos, coas "obrigas laborais e familiares" de moitos interesados.

O grupo nunicipal do Partido Popular solicitara a posibilidade de formular suxestións a través do correo electrónico, proposta que non foi aprobada no pleno municipal.

*