Aberto ata o 30 de novembro o prazo de solicitude para participar no programa 'Xuntos polo Nadal'
Dirixido aos maiores de 65 anos ou pensionistas a partir de 60 anos
O departamento de Servizos Sociais do Concello de Ordes mantén aberto o prazo de solicitude para o programa 'Xuntos polo Nadal' ata o vindeiro día 30 de novembro. Este programa, dependente da Xunta de Galicia, pretende que as persoas maiores que no Nadal se atopan soas, poidan disfrutar duns días de vacacións gratuítas coa posibilidade de compartir as festas nun clima de convivencia e de xeito lúdico.
Os requisitos para poder participar son ser maior de 65 anos ou de 60 anos se se é pensionista; residir en Galicia; valerse por sí mesmo e non padecer enfermidades infecto-contaxiosas; atoparse só nas datas de Nadal e ter un nivel de ingresos económicos baixo.
Documentación
Todos aqueles que queiran presentar a solicitude poderán acudir ao departamento de Servizos Sociais municipal antes do 30 de novembro presentando unha fotocopia compulsada do DNI, o xustificante da pensión e un certificado de convivencia actualizado.
*